Xa levo un tempo con este papaventos. No momento de escribir esta páxina teño a Nirvana Collector, da que xa falei na bitácora, a Nirvana estándar modificada con variñas Icone e unha Nirvana LW.
A seguir tedes as medidas das posicións dos APAs, seica é algo que non é de todo estándar, ou que está causando certas dúbidas. As medidas están tomadas dende o medio do nariz ata ao final do APA:
- Nariz – Apa superior: 33cm.
- Nariz – Apa inferior: 97’5cm.
- Nariz – Final da vela: 147’5cm.