O Over de eolo é un papaventos cun programa de voo polivalente. Eu comprei o meu así que saiu ao mercado, xa probara antes algún dos prototipos e quedara bastante contento con el. O papaventos está claramente inspirado na Nirvana de R-Sky, se un colle a vela da Over e a pon sobre a vela dunha Nirvana, as diferencias son practicamente inexistentes. En todo caso, varía a posición dos tensavelas (na Over son máis exteriores) e, polo que puiden probar de momento, a Over non é tan boa en voo de precisión como a Nirvana.
Os acabados do papaventos son os propios dun papaventos producido en masa, un nota que as costuras non son tan coidadas como noutros papaventos de gama alta de outras marcas. Inda así, os acabados son correctos.
Nada máis compralo xa lle fixen algunhas modificacións:
- coloqueille yo-yo glides
- protexín o nariz con dacrón adhesivo
- coloqueille unha cuarta liña nas bridas, para evitar enredos coa espiña
En flickr.com creei un set da Over de Eolo con fotos do papaventos.