
O Orange é un papaventos deseñado para pouco vento. Polo de agora só tiven ocasión de probalo unha vez… para comprobar que as bridas non as colocara de todo ben :-(
Xa comprobei as medidas das bridas, fun a semana pasada de volta a Vilanova para probala, pero ía demasiado vento… só tiven ocasión de facela despegar e dar algunhas voltas, saqueille algún truco pero non me atrevín a seguir voándoa cando vin que os clips dos tensavelas comezaban a afrouxarse. En todo caso, creo que xa a teño ben embridada.
Os planos do papaventos pódense atopar na páxina de planos de Simo Sivonen.