Ficha técnica:
- Envergadura: 220cm
- Estructura: SkyShark
- Borde de ataque: ??cm
- Tensavelas: 26 cm interior, 25 cm exterior
- Traveseira inferior:??cm
- Traveseira superior: ??cm (orixinal)
- Yo-yo stoppers (dende o nariz): ??cm
- Espiña: 89 cm
- Contrapeso: ~20gr
- Brida: turbo
A páxina oficial da marca r-sky: Opium, nela
están as medidas e tamén teñen algúns vídeos enlazados.

Este papaventos compreino de segunda man, despois de probalo un intre. De seguida me gustaron as sensacións que transmitía. Viña de voar a Phoenix, que tracciona moito, e a suavidade e precisión deste papaventos acabaron de convencerme.
Trátase dun papaventos polivalente, o que eu teño ten a brida tal e como a tiña o dono anterior, Ramón, do equipo Xaloc. Polo visto chegou a min de terceira man, xa que o seu dono primeiro fora Toni, tamén do equipo Xaloc. Ben se lle nota no parcheada que está a vela que o papaventos levou o seu uso. Con él aprendín a facer o primeiro rolling suzan. Dende que teño a X-Masque Rage só o saco cando o vento é moi forte, ou cando estou tentando algún truco novo e necesito un papaventos que non me importe que caia con forza ao chan. O día que acabe de esgazar a vela desmontareino para refacelo de novo… e a ver qué tal queda.
Estiven preguntando nos foros de R-Sky sobre as modificacións sobre o deseño orixinal, e pasáronme esta páxina: modificacións da Opium.