Gemini

Este papaventos merqueino de segunda man no apartado de ocasións da tenda bilboquet. Chegou de unha semana para a outra, e en perfecto estado. Xa avisara o propietario anterior de que tiña un pequeno buraco onde a traveseira superior toca cunha das espiñas, nada que non poida solucionar un pouco de dacrón adhesivo.

O papaventos vén coa última versión da brida deseñada polo mesmo Wardley e non cómpre tocarlle… polo menos polo de agora. En bensontwins hai información abondo sobre os retoques que lle hai que facer a un papaventos coma este para «afrancesalo».

Ficha técnica:

  • Envergadura: 220cm
  • Estructura: carbono estándar 6mm
  • Borde de ataque: 147’5 cm, orixinalmente montado en dúas partes, a superior de 65 cm e a inferior de 82’5 cm. Recomendan cambialo por unha peza enteira (maior resistencia e rixidez)
  • Tensavelas: todos de 3 mm, 4 de 22’5 cm nas ás e un central de 12’4 cm
  • Traveseira inferior:75 cm, cun conector no centro de SkyShark P200 de 25 cm.
  • Traveseira superior: 62’5 cm
  • Yo-yo stoppers/roll-bars: 51’5 cm
  • Espiña: 2 x 71’8 cm
  • Contrapeso: recomendan poñer 15 gr no lado da vela do tensavelas central. Eu téñoo montado cun peso de 10gr
  • Brida: cruzada activa