Apple presentou o sucesor do iBook, o MacBook. A min gústame o negro, con disco duro de 80Gb. A carcasa é de policarbonato, coma nos ibooks. A duración da batería declarada son 6 horas… agora só falta atopar unha distro de linux que se deixe instalar nestas preciosidades ;-). Pola tarde chamei á tenda onde comprara o ibook… ao comercial que me atendeu deulle o riso cando lle preguntei se sabía cando os terían dispoñibles.
OpenOffice en galego para o 17 de maio
Vía mancomun.org. O vindeiro 17 de maio liberaráse openoffice en galego, para tódalas plataformas nas que está dispoñible. Máis info nos foros de mancomun.org.
Acabo de rexistrarme no portal e nótase ben que están traballando duro. Se ben naceu hai un par de días xa conta con novas abondo. Polo de agora xa se gañaron que os meta na miña lista de RSS.
Nace mancomun.org a Iniciativa Galega polo Software Libre
Seica hai un novo portal sobre software libre, e en galego. Está ben que as institucións tenten, dalgún xeito, fomentalo e darlle visibilidade. Segundo a mesma páxina de mancomun.org, pretenden:
un punto de encontro dos diferentes proxectos e actividades sobre Software Libre que se están a desenvolver na nosa comunidade
Un punto a favor… están a usar Joomla ;-). Haberá que seguilos ben, a ver en qué acaban.
Nirvana Collector
A marca francesa r-sky celebra este ano o seu décimo aniversario. Deron a noticia no seu foro, para que a xente fose apuntándose. Farán 10 cometas de cada un dos seus modelos, coas velas en cores brancos, grises e negro. Eu levaba xa un tempo pensando en comprar unha Nirvana e, simplemente, non puiden evitalo. Encarguei unha, que aínda non chegou. Será algo como a da imaxe:

Non é unha fermosura? A diferencia entre esta e unha Nirvana normal está nos acabados:
- o nariz é máis pequeno,
- leva yo-yo stoppers,
- yo-yo glides,
- reforzo de mylar na espiña,
- contrapeso
- e o logo da marca cosido na parte inferior.
Swissbit 512mb
Hai uns días merquei un Swissbit de 512mb. Trátase da típica navalla suiza con memoria incorporada. É unha gozada. A memoria USB pódese desacoplar da navalla, e en 512 mb ben entran o Portable Firefox e o Portable Thunderbird e máis algúns libros electrónicos de referencia obrigada :-D
Probando performancing
En barrapunto.com tiñan unha nota sobre Performancing, unha extensión para Firefox que lle permite a un publicar dende o mesmo Firefox. Estouno probando combinado co Portable Firefox. Seica funciona.
gtkpod, o iPod en Linux
gtkPod é un programiña que serve para pasar os mp3 en linux ao iPod. Abonda con enchufar o iPod ao porto USB, montar o dispositivo (isto a ubuntu faino ela soíña). Iso si, o iPod ten que estar formatado con vfat (é dicir, ou se reformatea dende windows con iTunes ou se mercou xa formatado con vfat), e ademais ten que estar configurado para funcionar como disco duro extraíble (configuración que se pode facer dende unha máquina con windows e iTunes).
A min de momento non me deu ningún problema, pero polo visto o iPod ás veces non se desmonta ben… neses casos parece que abonda cun:
sudo dosfsck -a /dev/sdcX
Onde sdcX é o nome do dispositivo onde reside o iPod.
Polo que o levo empregado, gústame máis có iTunes, podo filtrar por máis de 3 columnas (en iTunes o típico é pór «xénero», «artista» e «álbum»).
Desactivar o touchpad en Linux
O meu portátil ten un touchpad da marca synaptics. Nunca me gustou o de «facer tap» para emular un clic co touchpad. No Linux, se un ten ademais activado o GPM, pode ser moi engorroso e molesto estar escribindo e que, por accidente, lle pegue a un un trozo do texto no medio do que estaba a escribir… ou que lle mova o cursor do sitio… pode chegar ser desesperante.
Por sorte os touchpads de synaptics hai tempo que teñen un controlador que funciona en Linux: Synaptics TouchPad driver for XOrg/XFree86.
No portátil teño instalada a Ubuntu, pero as instrucións do wiki de gentoo tamén valen para outras distribucións: Synaptics Touchpad
animacións de figuras de free
Na páxina web de eolo están poñendo pouco a pouco animacións en flash que explican cómo facer algunhas figuras básicas de free. Están en galería->animacións (toda a web está en flash).
Un ten a posibilidade de descargalas en formato Quicktime:
- o axel.
- o medio axel.
- o fade.
- a tartaruga.
- o lazy susan.
Randyg Sportkite Blog
Randyg é un piloto dos USA que tamén ten unha bitácora adicada aos papaventos: Randyg’s Sportkite Blog. Polos vídeos que publica e as fotos que fai (vale, tamén polos comentarios que fai no foro de Gone with the wind kites), parece que os seus papaventos favoritos son os da marca R-Sky, qué terán os franceses ;-).
O máis interesante da súa páxina son os seus vídeos «tutoriais», nos que explica paso por paso como facer as figuras de free máis complicadas.
A ver se se anima e pon un vídeo sobre cómo facer o comète (para os curiosos: vídeo dun comète).