Hoxe enviáronme por correo unha noticia, polo visto o
condado Multnomah, situado en Oregón (nos EEUU) está buscando un traductor / intérprete de klingon para o seu Departamento de Servicios Humanos. O condado pretende así dar servicio a tódolos seus pacientes atendéndoos en calqueira lingua (ata 55 linguas diferentes teñen).
Buscando por Internet atopei un foro de Star Trek no que comentan o dato.
Se cadra as institucións galegas deberían tomar nota, nos EEUU as institucións prepáranse para atender ós seus clientes en linguas inventadas para a ficción, mentres que aquí aínda hai moitos lugares ós que un vai e só lle atenden en castelán. Ou tal vez hai que estar tolo para que a un lle falen en galego.
