Se tes dous monitores é moi probable que che interese deixar un screencast en marcha nun deles mentres no outro vas probando cousas.
Multiple Monitor Full Screen é un plugin para o navegador Google Chrome que che permite redimensionar os vídeos de vimeo ou youtube a pantalla completa nun monitor e seguir traballando no outro.
Arquivo da categoría: sysadmin
Maldito sobig
Entre o sobig e o blaster esta fin de semana fixeron unha boa na miña caixa do correo. ¿Como eliminar 3322 mensaxes que veñen de dous virus? De novo a consola pode axudarnos. Se témo-las mensaxes de correo electrónico nun directorio, podemos tentar elimina-las mensaxes filtrando polo asunto.
Estes virus envían as mensaxes con catro ou cinco asuntos diferentes. Unha vez localizados os textos dos asuntos, podemos emprega-los seguintes comandos:
grep -il ‘re: approved’ | xargs rm
Para cada asunto cambiámo-lo patrón que buscaremos co comando grep.
Os asuntos máis típicos do sobig e do blaster son:
Re: That movie
Re: Approved
Thank you!
Your details
Re: Re: My details
Re: Your application
Re: Details
Re: Thank you!
Re: Wicked screensaver
Encántame a consola do linux.
Pechando portos
No traballo deixáronme instalar Linux nun vello servidor HP Netserver para ir facendo probas. Trátase dun equipo cun Pentium Pro 180 Mghz, 32 Mb de RAM e cun disco duro SCSI. Revisando os logs de accesos, vexo que hai xente que tenta entrar de calqueira xeito, supoño que para sentirse máis hackers. Dende hai uns meses, cada fin de semana unha ou máis persoas proban invariablemente de entrar. De momento non o conseguiron, pero os rexistros son curiosos, que alguén tente entrar por ftp 1096 veces co nome de root vía ftp di ben pouco sobre esa persoa e os seus coñecementos sobre cómo hackear un equipo.
A situación preocúpame, sobre todo porque as probas que se van facendo neste equipo van funcionando, e a este paso, o equipo deixará de ser de probas para convertirse nun equipo de «producción».
E como estou preocupado e veñen as vacacións, decidín pechar todo o innecesario durante as vacacións. E para facelo vou emprega-lo paquete Bastille Linux. A gracia do Bastille Linux está en que lle informa a un sobre por qué está ben facer os cambios que o programa vai propoñendo, e de paso, un aprende. A ver se con iso consigo evitar curiosos indesexables asomando polos portos do ordenador.
Minidistros
Estes d*as estiven probando unha distribuci*n do linux chamada Linux Bootable Business Card. Tr*tase dunha distribuci*n dese*ada para gravala nun mini-cd tipo tarxeta, que son uns CDs dese*ados para almacenar uns 50 Mb. Esta distribuci*n est* * algo impresionante, xa que conta co seu propio entorno gr*fico. Basta con mete-lo mini-cd dentro da unidade lectora de cd e arrinca-lo sistema dende o CD. A configuraci*n da rede * moi sinxela, xa que ten un script que nos vai preguntando a informaci*n necesaria para poder conectarse a Internet.
Unha das cousas que m*is me gusta de usar esta distribuci*n * que me axudou a decatarme da cantidade de cousas que non necesitamos.
Por exemplo, este artigo nin sequera o estou publicando dende o entorno gr*fico, estouno publicando dende a consola, empregando o navegador links. Si, dacordo, non vexo imaxes, nin tampouco pode un ver animaci*ns en flash. Pero para publicar nun blog ou para ler novas en p*xinas ben dese*adas (dese*adas para t*dolos navegadores quero dicir, e non s* para o duopolio IE/Mozilla).
Xa dic*a no post anterior que me encantaba a consola… pois agora enc*ntame m*is a*nda ;-).