E xa pasou o ano

Xa pasou un ano enteiro des que publicara os propósitos.
Fagamos un pequeno repaso a ver como foi:

  • Aprender Symfony2, HTML5, CSS3, backbone.js:
    • Symfony2: aprendido. Sobre todo grazas ao fantástico libro de Javier Eguiluz Desarrollo web ágil con Symfony2. Moi recomendable. Contribuín cun par de aclaracións sobre algún punto que non estaba claro e iso meteume nos agradecementos do libro. Por desgracia non cheguei poñelo en práctica profesionalmente (ver máis abaixo sobre o cambio de traballo).
    • HTML5, CSS3, backbone.js
    • Digamos que o HTML5 e o CSS3 son un work in progress, mentres que co backbone.js acabei adaptando o exemplo de lista de todos para poder telo nun servidor privado accesible dende o móbil.

  • Tentar pasar a certificación de Zend PHP (polo menos estudala, que hai varias guías de estudo por aí): só cheguei estudala, o cambio de traballo forzoume a poñerme ao día con outras cousas.
  • Chegar aos 4 minutos en apnea estática no sofá (a temporada pasada cheguei aos 3 minutos 32 segundos): estou estancado en 3 minutos 30 segundos e a piques de abandonar calquera tentativa. Levo 6 meses cos pólipos empeorando e non ten pinta de que poida volver baixar ao azul en moito tempo.
  • Baixar ata -15m en apnea (a temporada pasada foron -12m): imposible, tal e como teño os pólipos non podo compensar correctamente, o mesmo otorrino recomendoume que non baixase máis de 2m :-(
  • Superar os 50m en apnea dinámica (a temporada pasada só cheguei un par de veces até os 50m, e con moito esforzo): abandonado completamente, a motivación principal para chegar aos 50m en dinámica era poder aproveitar os entrenos para baixar no azul.
  • Baixar a 75kg de peso (actualmente estou en 85kg): estou en torno aos 85kg… dependendo do que saia a correr baixo ata os 80kg pero á que deixo un par de semanas de facer tiradas largas recupero peso de seguida (cústame facer dietas :-D).
  • Non volver fumar (actualmente non fumo, pero é un vicio que vai e vén): conseguido :-D

Este ano pasaron varias cousas:

  • Cambio de traballo: deixei yaencontre.com para marchar a unha «axencia de comunicación dixital» centrada principalmente no comercio electrónico. Este é o principal motivo de que deixase de banda o Symfony2 e a certificación Zend. Traballamos principalmente con Magento inda que temos proxectos de todo tipo (webs con wordpress, joomla, incluso algo hai por aí montado con ASP).
  • Cambios de saúde: os pólipos do nariz comezan a ser molestos, non me deixan respirar con normalidade, non descanso tan ben coma antes e non podo entrenar coa mesma intensidade que o facía antes.

Con todo, este ano preséntase prometedor, o novo traballo implica novos e interesantes desafíos e estou convencido de que unha vez pase polo quirófano poderei volver entrenar en condicións.

Propósitos de aninovo 2012

Velaí a miña lista de propósitos (a orde non implica prioridade):

  • Aprender Symfony2, HTML5, CSS3, backbone.js
  • Tentar pasar a certificación de Zend PHP (polo menos estudala, que hai varias guías de estudo por aí)
  • Chegar aos 4 minutos en apnea estática no sofá (a temporada pasada cheguei aos 3 minutos 32 segundos)
  • Baixar ata -15m en apnea (a temporada pasada foron -12m)
  • Superar os 50m en apnea dinámica (a temporada pasada só cheguei un par de veces até os 50m, e con moito esforzo)
  • Baixar a 75kg de peso (actualmente estou en 85kg)
  • Non volver fumar (actualmente non fumo, pero é un vicio que vai e vén)

Xa veremos a final de ano en qué quedou todo :-D