Estes días estou acabando un script de perl para converter fichas do Multiterm de Trados a unha serie de páxinas web pechadas. Deste xeito, un pode exportar a html todo un glosario. O conxunto de páxinas resultantes pódense ver (temporalmente) nesta páxina: Lèxic de prevenció de riscos laborals. Non é que estea especialmente orgulloso do deseño, pero é ata onde me deixan facer. O certo é que o Multiterm non me gusta nada, non me gustan nada os xestores terminolóxicos que hai no mercado. Son máis partidario das solucións feitas a medida, en contra do que pensa a maioría, poden ser máis baratas cós productos prefabricados.