A voltas co b2

Esta é a segunda semana co b2, e comezo a ver como esta páxina vai crecendo e crecendo. Se cadra é que me deixo levar e non fago máis que poñer cousas por aquí.
O caso é que estou tentando ver cómo deixalo todo ó meu gusto. Hai unhas cantas cousas que debería cambiar:
o deseño (modificando a folla de estilo e o modelo da primeira páxina creo que abondaría para comezar ben).
a idea de ter unha categoría de imaxes (se cadra é mellor empregar un fotolog deses que hai por aí).
Iso, por non falar das seccións que faltan (o currículo e o proxecto de final de carreira).
De momento, se todo foi ben, este artigo debería aparecer co vencello ese de «máis», e este texto non se debería amosar na páxina principal. Con eso poderías reduci-lo tamaño da primeira páxina.

Proba de hack

Estou probando un ‘hack’ curioso para o b2. A idea do ‘hack’ é que se un quere escribir un artigo, que non teña que ir a darlle ó botón do link cada vez que escribe o nome de alguén que coñece, senón que se encargue o propio filtrado do texto de substituí-los nomes da xente coñecida polo nome coa súa url.
Por exemplo, eu estudio no IULA,
Outro exemplo: visitade a páxina de Aznar.
Vaia… pero qué chulada :-D, encántanme estas tonterías :cool:

Outro ‘hack’ do b2

Atopei outro ‘hack’ do b2. O B2 Link Manager. Non é nada espectacular, pero é outro deses detalles que fan a vida máis sinxela :cool:. Incorpora a posibilidade de xestiona-los vencellos máis empregados. Supoño que cun pouco de traballo podería chegar convertirse nun pequeno directorio de pequenas cousas interesantes.
O que se ve agora na sección do menú da dereita, onde di «navega:» é producto dese pequeno ‘hack’… :razz:.
Creo que vou tentar incorporar tódolos hacks que atope e que me gusten, e despois me dedicarei ó redeseño da páxina.
Se alguén sabe de algún lugar onde atopar modelos de páxinas web, que me deixe un comentario, a ver se así vou collendo máis ideas.

Emoticóns

Acabo de configurarlle un hack ó b2. É un detalle deses que «quedan ben» :cool: Agora, cando alguén publique un comentario, xusto debaixo da caixa de texto onde escribe o seu comentario, poderá ver un enlace que pon «smilies» (a ver se alguén se lle ocorre algo mellor ca «emoticóns» como traducción).
Facendo clic no enlace ábrese a fiestra coa lista de códigos que se poden emplear para incluí-los iconos eses nos seus comentarios. Vealí unha mostra do que se pode poñer :arrow: :shock: :mrgreen: :razz: :twisted: :oops: :???:
Hai algún máis, pero supoño que eses serían os máis comúns.

nova edición

Aaaah… esto funciona :-D
É unha gozada poder ir modificando as cousas con calma… xa me fixen unha idea de qué é iso dos trackbacks. Polo que entendín, se alguén quere facer referencia a un artigo ou publicación feita nesta bitácora, ten que usa-lo link do trackback.
Este post é para estrea-la categoría propia da miña páxina web.
Inda quedan por traducir os modelos que emprega para publica-los comentarios, o dos trackbacks e os pingbacks.

Ola mundo!

Tras moito tempo tentando elaborar pola miña conta un sistema para levar un blog, decidín aproveitar algo xa feito. É o que estades vendo, a nova versión da miña páxina web. Gracias ó b2 poderei actualizar con máis frecuencia a miña páxina, que se convertera nunha especie de bitácora medio chapuzas.
Agora as cousas que publique irán clasificadas por temas, poderán consultarse publicacións pasadas (cousa que antes non se podía) e participar mediante comentarios.
Inda teño que pensar cómo integra-los outros contidos que tiña na versión anterior nesta nova versión. Todo chegará. De momento a prioridade é o deseño (manterei o deseño por defecto do b2 durante un tempo) e a traducción ó galego dos elementos visibles do programa.