De volta polo nadal

Este ano non poderei volver por Galiza … así que decidín aproveitar o tempo de vacacións para darlle unha volta á páxina.

Nestes anos de silencio pasaron algunhas cousas moi interesantes na miña vida:

  • cambiei de traballo, levo uns tres case catro anos programando a tempo completo;
  • cambiei de afición, no último ano deixei de banda os papaventos, agora aproveito o tempo libre para entrenar a apnea e saír a practicar a pesca submarina;
  • naceu a miña filla :-D
Despois dunhas horas batallando co WP conseguín actualizalo sen perder demasiado contido, os comentarios xa había tempo que os perdera grazas a un «bonito» incidente cos spambots. De momento deixarei a opción de publicar comentarios e a ver cómo responden os spammers :P.
Saúde, e bo nadal ;-)

Que non, que eu non saquei ningún disco

Se buscades a Raúl Araya Aguilar, pasade por aquí: http://www.raularaya.com.

Hai dúas semanas este home sacou un disco. A data de hoxe, se un busca «raúl araya» en Google, a miña páxina sae antes cá súa (qué cousas ten Google :P). Iso fixo que nestas dúas semanas xa teña uns cantos comentarios felicitándome polo meu novo disco. Grazas, pero son son eu. As felicitacións teñen que ir a http://www.raularaya.com.

Non sei se lle estou facendo un favor ao webmaster do cantante, espero que si, prefiro non ter que continuar borrando comentarios de fans confusas :P.

Son un desorganizado

Pois eso… estaba facendo un repaso dos textos que vou publicando, xunto coa miña lista de marcadores de Internet, e decateime de que son un desorganizado, de que as categorías da miña bitácora poderían estar mellor, así que vou cambiar todo esto un pouco, cando acabe de repasa-los posts que teño por aquí.

Novo deseño da miña páxina :-D

Hoxe estreo novo deseño. Como se ve, trátase do clásico deseño de tres columnas cun banner superior.

O deseño está feito con CSS2, e pode ser que algún navegador non amose o banner, qué lle imos facer, actualizarse ou morrer, que din noutros blogs.

O que me gusta de usa-las follas de estilo é que non é necesario empregar táboas e táboas para conseguir unha boa distribución.

Fáltanlle unhas cantas cousas por retocar aínda, pero xa irei facendo:

  • incorpora-lo deseño ós comentarios,
  • probalo en diferentes navegadores (de momento, probeino co Konqueror, co Firebird e co Explorer),
  • comprobar que a folla de estilo é estándar (o validador css do w3c parece non funcionar).

Enjoy ;-)

De volta a traballar

Acabaron as vacacións e xa estou aquí, de volta na uni, hoxe teño o día medio tonto, pasei a mañá revisando a configuración do servidor linux e repasando os traballos que quedaron a medio rematar antes de marchar de vacacións. Se os luns xa son difíciles, este éo algo máis.
Estes días Vilafranca celebra (aínda hoxe) a súa festa maior. En festamajor.info pódense ve-los programas das últimas festas de Vilafranca del Penedès. Tentarei buscar algunha páxina web con máis imaxes da festa maior, porque paga a pena velas.

Posta ó día

Acabo de poñer ó día os enlaces dos blogs que máis visito. Había uns cantos que xa non visitaba con tanta frecuencia.

Agora comezo a pensar se debería comezar o meu propio script en php para leva-lo meu blog ou se debería darlle unha oportunidade ó movable type. Creo que o mellor será que me dedique a ver qué podo facer co php, inda que vaia algo lento, terei no meu propio script as cousas como a min me gustan :-D.

De volta de novo

Mañá marcho a casa… a Galicia. Collerei o tren o sábado na tarde e chegarei o domingo. Levarei comigo o meu ordenador. O outro día atopei unha foto da miña caixa. Como podedes comprobar, é unha monada ;-). É moi probable que durante eses días non escriba moito por aquí… felices vacacións a todos.