Ademais de tentar retocar algunhas fotos, tamén estiven probando a facer algo curioso como banner para esta páxina.
A idea é que simule un efecto de cristal transparente, coma se se tratase dunha «pastilla» de cristal, coas letras dentro. A idea collina dun conxunto de iconas que atopei para as kde que se chama Marbles.

Se cadra as liñas do scan quedaron moi escuras, e as letras de dentro igual quedaban mellor dandolles algo de relevo.
Arquivo da categoría: imaxes
Máis fotos, de cando bailaba.
Hai uns cantos anos adicábame a bailar música hip-hop cos amigos. O outro día estaba mirando qué fotos miñas poñer na páxina, e ademais das que teño de bebé, decidín poñer estas dúas porque me fixeron gracia. Son fotos do concurso de baile organizado pola marca Cutty Sark (por se non quedou claro nas fotos).
Facían un concurso nunhas cantas cidades de España, e se gañabas, ías gratis á final, con todo pagado. Eu gañei na miña cidade, en Vigo, e uns meses máis tarde fun á final, que se celebrou na discoteca Joy Slava de Madrid. Por desgracia non gañei ningún premio, pero paseino moi ben, dúas horas antes do concurso deixáronno-la discoteca e montouse unha sesión hip-hopera verdadeiramente impresionante (ó pincha tamén lle ía moito). De feito, inda hoxe penso que todos bailamos mellor durante esa sesión e non despois.
Nesta foto estou con Irene Pallarés, a rapaza que gañara o concurso na edición anterior:
E nesta están entregándome a placa acreditativa de que fun finalista daquela edición:

Fotos de bebé
Aproveitei a fin de semana para seguir xogando co Gimp. Que bo é :mrgreen:.
Estiven retocando algunhas fotos:

Esta quedoume moi escura :-(.

O neno pequeno son eu :).
Máis experimentos co Gimp
Outros banners que fixen co Gimp.

Este fíxeno cun dos filtros predefinidos do programa un que se chama textura creo. Só lle cambiei o tipo de letra e o mosaico (de cadrados a octágonos creo lembrar).

E outro. Este é de creación propia, é dicir, que non usei ningún filtro deses para facer logos co Gimp.

E outro máis, este feito co filtro que se chama «metal frío» do Gimp.

E outro, de creación propia tamén, este foi o primeiro que fixen.
Xogando co Gimp

Onte á noite estiven xogando co Gimp, tentando facer algún gráfico para este novo deseño da miña páxina. Un dos resultados é a imaxe que tedes aí enriba. Polo momento o que vexo é que igual é demasiado brillante para o aspecto que ten agora a páxina. Máis tarde irei poñendo outros deseños que fixen :lol:.