Nace mancomun.org a Iniciativa Galega polo Software Libre

Seica hai un novo portal sobre software libre, e en galego. Está ben que as institucións tenten, dalgún xeito, fomentalo e darlle visibilidade. Segundo a mesma páxina de mancomun.org, pretenden:

un punto de encontro dos diferentes proxectos e actividades sobre Software Libre que se están a desenvolver na nosa comunidade

Un punto a favor… están a usar Joomla ;-). Haberá que seguilos ben, a ver en qué acaban.

Maldito sobig

Entre o sobig e o blaster esta fin de semana fixeron unha boa na miña caixa do correo. ¿Como eliminar 3322 mensaxes que veñen de dous virus? De novo a consola pode axudarnos. Se témo-las mensaxes de correo electrónico nun directorio, podemos tentar elimina-las mensaxes filtrando polo asunto.
Estes virus envían as mensaxes con catro ou cinco asuntos diferentes. Unha vez localizados os textos dos asuntos, podemos emprega-los seguintes comandos:

grep -il ‘re: approved’ | xargs rm

Para cada asunto cambiámo-lo patrón que buscaremos co comando grep.
Os asuntos máis típicos do sobig e do blaster son:

Re: That movie
Re: Approved
Thank you!
Your details
Re: Re: My details
Re: Your application
Re: Details
Re: Thank you!
Re: Wicked screensaver

Encántame a consola do linux.

Varias pantallas nunha consola

Con isto de traballar co linux, ás veces un necesita varias sesións no servidor, para poder ir executando varios comandos.
Coa utilidade screen, un pode, nunha mesma sesión remota, ter diversas fiestras da consola. Dese xeito tan só temos que entrar no servidor unha vez.
Executando o comando «screen», obteremos unha nova pantalla, na que podemos executa-lo comando que queiramos.
Premendo CTRL+a, CTRL+c, crearemos unha nova pantalla, na que poderemos ir traballando. As pantallas van numerándose, de tal xeito que se queremos volver á primeira de todas, abondará premer CTRL+a, 0.
Cada día síntome máis cómodo coa consola :-D

Minidistros

Estes d*as estiven probando unha distribuci*n do linux chamada Linux Bootable Business Card. Tr*tase dunha distribuci*n dese*ada para gravala nun mini-cd tipo tarxeta, que son uns CDs dese*ados para almacenar uns 50 Mb. Esta distribuci*n est* * algo impresionante, xa que conta co seu propio entorno gr*fico. Basta con mete-lo mini-cd dentro da unidade lectora de cd e arrinca-lo sistema dende o CD. A configuraci*n da rede * moi sinxela, xa que ten un script que nos vai preguntando a informaci*n necesaria para poder conectarse a Internet.
Unha das cousas que m*is me gusta de usar esta distribuci*n * que me axudou a decatarme da cantidade de cousas que non necesitamos.
Por exemplo, este artigo nin sequera o estou publicando dende o entorno gr*fico, estouno publicando dende a consola, empregando o navegador links. Si, dacordo, non vexo imaxes, nin tampouco pode un ver animaci*ns en flash. Pero para publicar nun blog ou para ler novas en p*xinas ben dese*adas (dese*adas para t*dolos navegadores quero dicir, e non s* para o duopolio IE/Mozilla).
Xa dic*a no post anterior que me encantaba a consola… pois agora enc*ntame m*is a*nda ;-).

As administracións mellor que non falen…

Esa parece se-la mensaxe que quere dar Microsoft en España ante os últimos movementos de cara á adopción do software libre por parte dalgunhas comunidades, sendo o exemplo máis salientable o de Extremadura, coa súa distribución Linex, deseñada para o seu uso na administración.
A noticia chegoume a través de IBLNEWS, e foi publicada na sección el navegante do diario el mundo. Polo visto a Microsoft non lle gusta nada o feito de que a xente se vaia decatando de que hai alternativas. A continuación reproduzo algunhas das frases tiradas do artigo orixinal:

Microsoft:’La administración debe ser neutral sobre los sistemas operativos’

Para Rosa García, la Sociedad de la Información debe estar basada en el lenguaje standard XML que desarrolla Microsoft y es válido para toda la industria.

¿Como poden deixar que alguén afirme algo así e ademais publicarllo? Agora resulta que os inventores de todo son eles. Manda truco. A linguaxe XML é unha linguaxe descendente do SGML. O w3 consortium encárgase de mante-la especificación do XML, ó igual que o fan coa do HTML e do XHTML (que por certo, Microsoft non respecta ó 100% no seu navegador).

el 96% de los ordenadores en el mundo son windows por lo que es ilógico imponerles a los ciudadanos el software libre», cuando deben tener opción para elegir.

Claro… pregúntome qué porcentaxe dese 96% non levaba preinstalado un Windows. Pregúntome tamén qué porcentaxe dese 96% teñen unha instalación pirata de Windows. Pregúntome cómo unha persoa pode ter opcións de elixir cando compra un ordenador se en case tódalas tendas os equipos xa teñen preinstalado o Windows (preinstalación que, por certo, se paga no prezo final do ordenador).

para que la sociedad de la información tenga éxito toda la industria tiene que conseguir que sea segura y para ello los sistemas tienen que ser fiables como el agua o la luz; tiene que haber seguridad de los datos de las empresas que son en la actualidad su máximo valor.

Interesante analoxía esta. Cando se corta a luz, adoita ser por unha causa de forza maior, e por moito que un queira reclamarlle a fenosa ou a fecsa-endesa, nunca consegue nada… Encántame que me digan que ten que haber seguridade nos datos das empresas cando no meu traballo sufrimos un ataque que afectou a tódolos ordenadores con Windows 2000 da rede, e o único Linux que hai quedou coma se tal.

Microsoft, explicó Rosa García, ha invertido 200 millones de euros para protegerse de los piratas informáticos y para que los sistemas sean seguros.

Interesante afirmación esta tamén. É dicir… os de Microsoft deben emprega-los mesmos servidores que nos venden a todos. E como empresa, despois de desenvolve-lo seu sistema operativo (o mesmo que nos venden) cos seus programas para montar servidores de páxinas web, de bases de datos, etc. ademais tiveron que investir 200 millóns de euros? ¿Que están dicindo? ¿Que despois de pagar entre 90 e 120 ¤ para instalar un servidor temos que investir máis diñeiro en seguridade? Claro que a outra opción debe ser a de apuntarse un a un curso deses que fan eles, de «Certified Engineer», para aprender onde están as opcións que hai que desactivar para que o servidor sexa seguro (porque por defecto, non o é, e se non, que llo digan ó admin da rede do meu traballo).

openoffice e pdfs.

Sigo coa knoppix, é unha gozada, a ver se podo monta-lo lapis de memoria usb. Decidín incluír unha nova categoría para o linux, xa que é o que uso en casa e, dáda-las circunstancias, cada vez máis no traballo.
Ben ó tema do título. O outro día vin en
bulmalug que co paquete ofimático Open Office se podían escribir documentos en formato PDF. Onte en casa decidín probar a ver se podía configura-lo Open Office para que crease un arquivo en formato pdf a partir dun documento meu. O gracioso é que recompilara a información dunha revista, e cando fun ó cadro de diálogo das impresoras do Writer de Open Office, atopeime con que xa tiña dúas impresoras configuradas, unha para crea-los pdfs optimizados para a súa lectura en pantalla e outra para crea-los pdfs optimizados para imprimir.
O bo de todo o conto é que hai xente que paga (non sei canto vale) por un programa, o Acrobat de Adobe, para crea-los pdfs.

Algo de realidade en Matrix

Vía caliu, a asociación de usuarios de linux de catalunya, vexo un comentario que fala sobre cómo, por primeira vez na historia do cine, unha escena de hacker é «realista». Na segunda entrega da película de Matrix (que inda non puiden ver), Trinity, a moza vestida en coiro negro, emprega o programa nmap para ver cómo pode acceder a un dos servidores dos malos.

Co programa, pode ver que os «malos» teñen o porto 22 do seu ordenador aberto, e que ese porto é o do ssh.

Dá gusto ver que por fin alguén en Hollywood decide face-las cousas ben, que parezan reais, en lugar de inventar ou deseñar pantallas inútiles que non fan nada, ou que cando o fan, resultan de todo inexactas.

A gracia é que a cousa non queda aí. Trinity, despois de ver que os «malos» teñen o porto 22 aberto, emprega o sshnuke, un programa ficticio que tenta explotar un fallo de seguridade coñecido coma SSH CRC-32. Este fallo de seguridade, ó contrario có nome do programa, non é ficticio, é un fallo de seguridade real, comentado en Security Focus. Se vos interesa o artigo completo en inglés, podedes velo dende a páxina de The Register.

Algo sobre grafos

Despois das vacacións estou retomando un pouco as mates que necesito para o meu proxecto de tese. Como o sistema de representación que emprego usa grafos, estiven buscando algún manual moi básico sobre grafos, e atopei esta páxina:
Graph Theory Tutorials.
Son o suficientemente básicos como para que os entenda alguén de letras. ;-)
Ademais diso, atopei un documento en pdf:
Graph Drawing Tutorial.
Este inda non o mirei a fondo, pero promete, xa o vin citado en varias publicacións do IEEE.

A historia da rede

Navegando na busca dos RFCs para pasa-lo diccionario galego ó formato do dictd cruceime coa «Historia da rede». Traducina ó galego porque me pareceu divertida ;-).

A historia da rede
No principio, foi Deus. Estaba só, así que creou a Dennis.
Dennis non se sentía impresionado con Deus.
Así que… Deus creou a Brian.
Pero Brian e Dennis aburríronse de Deus.
Así que Brian e Dennis comezaron a xogar, e crearon o C. Deus viu o C, e viu que era bo. Así que decidiu deixar que Brian e Dennis seguisen xogando.
Entón Brian e Dennis crearon o Unix. Deus viu o Unix, e sentiuse celoso. Así que creou a Bill para torturar a Brian e Dennis e escurece-la súa creación (Deus non podía destruí-lo Unix, xa que admiraba en segredo a súa perfección).
Así que Bill creou Microsoft. E Microsoft creou Windows. E Deus viu que era malo, pero tiña a súa cota de mercado, así que estaba contento. Entón Bill comezou a chulear, e o seu ego foi máis grande có de Deus. Así que para baixarlle-los fumes a Bill, Deus matinou un plan marabilloso.
Primeiro Deus creou a Tim. E Tim creou a World Wide Web (empregando Unix, por suposto). Esto estaba ben, pero non TAN ben. Así que Deus creou a Marc. Marc creou o Mosaic (empregando Unix, claro). Mosaic creu unha voráxine inmensa que deu o seu traballo a moitos dos que len este documento. Pero iso é outra historia. Mosaic era bo, e Deus viu que era bo, así que permitiu que Marc crease Netscape. Volveremos despois sobre esto.
Pero todo este tempo, Brian e Dennis comezaran a facer algo mellor ca Unix chamado Plan 9 (porque Deus tivera éxito derrubando os seus sete plans anteriores [non houbo Plan 8 porque Brian e Dennis foron máis listos ca Deus e saltaron directamente do 7 ó 8, manobra demasiado brillante incluso para Deus]).
Finalmente, Deus atopou o xeito de crear a Larry.
Ninguén sabe como ou por qué creou a Larry, exceptuando tal vez unha tentativa de reduci-la productividade nos laboratorios de reactores da NASA. [Os rumores din que Deus creou a Larry porque admiraba en segredo o que Dennis e Brian fixeran co C, pero pensaba que C e Unix non eran bos abondo -- o que probablemente non é certo porque Deus pensaba que destruíra a Brian e Dennis ó destruí-los seus plans do 1 ó 7 e ó crear Microsoft para que masacrase o seu benamado Unix.]

En todo caso, Larry creou Perl (empregando Unix e C, por suposto), e Deus viu que era bo, así que fixo a Randal. Larry e Randal escribiron libros sobre Perl. E todo o mundo viu que esto era bo, excepto algúns snobs que estaban demasiado metidos en C, Windows e Intel. (Resulta que Randal era tan bo que atopou o xeito de entrar no Unix de Intel, e Intel demandouno, pero iso tamén é outra historia — o máis probable é que Randal non podería ter entrado no Plan 9 de Intel, pero Intel non é o suficientemente bo como para usar Plan 9.

En todo caso, volvendo a Randal. Randal e Larry escribiron libros, pero tiñan que ser amables porque así o querían os seus xefes. Así que entón veu Tom. Pero de Tom falaremos máis tarde.
Así, Deus viu Netscape (feito empregando Unix e C, por suposto), e viu que era bo, e iso enfadaba a Bill bastante. E iso facía a Deus moi feliz, e a Marc moi rico. Pero Bill era moi moi rico. Pero iso é outra historia totalmente diferente.
Pero tan boa que era a creación de Larry, o Perl, e non podía facelo todo, así que Deus creou a Scott. Scott anunciou a chegada de Java, e foron grandes novas. Pero Java fixo enfadar moito a Bill, porque Bill creara o Blackbird, e o Java matou o Blackbird. Esto foi malo, porque ó mata-lo Blackbird, tamén mataron a Rede de Microsoft. E moitos se alegraron por iso, pero iso, tamén, é outra historia.
Entón Java fixera moito para enfadar a Bill. Java era tan bo que Bill tivo que licenciar Java. Todo este tempo, Scott ría moito de Bill porque Sun, que era onde traballaba Scott, fixera un sistema operativo mellor, derivado — por suposto — de Unix, que era mellor que o Windows de Microsoft e Windows.

En todo caso, a pesar de que Deus creara a Steve e Steve, que crearon Apple, estes non conseguiron que Bill licenciase o MacOS, un sistema operativo moito mellor. Así que finalmente Bill tivo que licenciar Java. Así que se fixo xustiza, e Bill tivo que traga-lo seu ego. Ou algo así. Esta parte non está moi clara.

Así que a estas alturas Windows e Microsoft e Bill en xeral daban pena. Sobre todo tendo en conta as vantaxes que tiñan o C e o Unix de Brian e Dennis, executando o Netscape e o Mosaic de Marc na World Wide Web de Tim, facendo CGIs interesantes co Perl de Larry, que un podía aprender de Randal e Tom, e que un podía programar co Java de Scott.

E Deus decatouse de que fixera caer moi baixo a Bill. Así que Deus fixo posible que o Netscape e o Mosaic de Marc puidesen executarse en Windows. Xa sabemos que Bill tivera que licencia-lo Java de Scott. Sabemos que Bill quedara en terra cando non puido superar a Tim coa súa World Wide Web. A última proba de Deus foi conseguir que o Perl de Larry se executase no Windows de Bill.

Así que de volta con Tom. Tom era un deus do Perl. E a Deus non lle gustaba esto, pero Tom é un deus, e non hai moito que Deus poida facer, así que El non puido evitar que Tom dixera cousas como «instala un sistema operativo no teu pobre e solitario ordenador tal e como Deus e Dennis querían», e «Casar co modelo de execución epónimo /cgi-bin/perl.exe?FMH.pl é como ler unha nota de suicidio, tres días tarde».
A moralexa da historia é que inconstante. Por iso existen Microsoft e Bill e Windows. Fai o que Deus pretendía, instala C, Unix, Mosaic/Netscape, Java e Perl no teu sistema, e fai que Brian, Dennis, Larry, Tim, Tom, Randal, Scott, e incluso Steve e Steve (seguro) sexan felices.

Ah, si, Linus era moi bo tamén. El é o home ó que lle agradeces poder executar todas esas cousas tan boas e interesantes no teu pobre e pequeno pc (calquera cousa con x86 no nome, por defecto, é unha merdeciña, non pretendo ofender persoalmente a ninguén).
Andrew Bennett

Requests for comments

Os «requests for comments» son documentos nos que se explican por escrito as definicións dos protocolos e políticas de uso de Internet. Fun dar cos RFCs na miña tentativa de pasa-lo diccionario de galego da Real Academia Galega ó formato que emprega o servidor de diccionarios dictd. O dictd ten o seu propio RFC, o RFC 2229, e hai varios clientes e servidores dispoñibles, e tamén uns cantos diccionarios de uso libre e aberto.

O caso é que atopei un RFC dun protocolo que non coñecía, o
Hyper Text Coffee Pot Control Protocol (HTCPCP/1.0). Lembroume moito ó Coffee howto do linux.