Unha iniciativa máis para para-las patentes de software en Europa:
A idea consiste en facer algo parecido a un google bombing, trátase de enche-la rede co texto europeswpatentfree. Ogallá todas estas protestas teñan éxito.
Unha iniciativa máis para para-las patentes de software en Europa:
A idea consiste en facer algo parecido a un google bombing, trátase de enche-la rede co texto europeswpatentfree. Ogallá todas estas protestas teñan éxito.
O día 20 celebraráse un debate e terá lugar a votación sobre as patentes de software en Europa.
Iso se non se volve adiar. De momento parece que os actos de protestas funcionaron, inda que eu sigo estando preocupado, non sei que me dá que van votar que si… ogallá me equivoque.
Máis info en:
http://www.codigocero.com/.
Dia 20 septiembre. Se votan las patentes, a nota de prensa de barrapunto.
Nuevas acciones de los internautas en contra de las patentes de ‘software’ a nova no diario el navegante.
Web informativa de proinnova con enlaces a documentos explicativos e accións de protesta.
Outros posts sobre o tema nesta bitácora:
O W3C preocupado polas patentes.
A votación das patentes, aprazada.
Máis sobre patentes
Ollo coas patentes sobre software
Hoxe en slashdot.org hai unha historia curiosa. Unha persoa compra unha canción en iTunes.com en formato mp3, e decide facer un experimento, ocórreselle revendela, así que vai a eBay e pon a canción nunha poxa. O autor asegura que donará o diñeiro á Electronic Frontier Foundation, que a poxa en eBay é en serio… ¿será porque xa chegou ós 16.000 dólares?
A historia completa no weblog do autor do experimento: Does the Right of First Sale Still Exist?
Non o sabía, acabo de descubrilo hoxe, temos unha wikipedia en galego. Aaaah… Encántame.
Mentres en Europa se apraza a votación da directiva sobre a patentabilidade do software, o W3C preocúpase polo resultado dunha demanda sobre os dereitos dunha patente americana. Trátase da patente dos EEUU con número 5.838.906.
A continuación téde-la traducción rápida da descrición da patente:
a patente cobre os mecanismos para inserir obxectos en documentos hipermedia distribuídos no que polo menos parte dos datos do obxecto se atopan fóra do documento, e nos que hai unha ruta de control sobre a implementación do obxecto para que o usuario poida interactuar co obxecto. A implementación pode ser local ou distribuída a través dunha rede, e é invocada automaticamente baseándose na información sobre o tipo atopada no documento ou asociada cos datos do obxecto.
Dito doutro xeito, a patente pode afectar a calquera contido embebido en html… CSS, Javascript, applets de Java, animacións en Flash… etc.
A cuestión reside en que a empresa titular, Eolas Technologies, Inc. acaba de gañar un xuízo contra Microsoft sobre a patente. De momento o W3C celebrou unha reunión e abriu unha lista para trata-lo tema. ¿Imaxinades Internet sen CSS, sen Javascript, sen Java, sen páxinas dinámicas, nin interactivas, nin multimedia…? Creo que este é un claro exemplo de cómo as patentes sobre o software poden frea-lo desenvolvemento.
Para os que queiran máis información:
Un estudio sobre o caso antes de que se resolvese,
a nota de empresa de Eolas sobre a demanda,
o texto da patente 5.838.906.
O movemento de protesta organizado en contra da directiva europea de patentes serviu de algo. A votación queda adiada ata o 22 de setembro. A noticia en c.net.
Tamén no diario «El navegante» teñen un artigo sobre o tema: Cientos de sitios ‘web’ cierran en contra de las patentes de ‘software’ e a xente de proinnova tamén ten unha páxina sobre a Propuesta de directiva sobre patentabilidad del software.
En Software Patents in Europe hai máis información (en inglés e en portugués tamén) sobre o problema das patentes en Europa. Teñen unha páxina na que asinar para protestar sobre a nova lei de «patentabilidade» dos programas de ordenador.
Para o día 27 de agosto están previstas unhas mobilizacións para tentar que o parlamento europeo aprobe unha directiva da Unión Europeo sobre a «patentabilidade do software». Se se aproba, esta directiva permitirá que se poñan patentes sobre os programas, mesmo podería permitir que alguén patentase os programas creados por outras persoas, incluso cando as outras persoas non queren patentar eses programas.
Onte acabei de le-lo libro no que din que aparece por vez primeira a palabra «ciberespacio», o Neuromante de William Gibson. Un libro futurista no que os hackers son «vaqueiros», onde as drogas son legais e inxéctanse mediante uns dispositivos chamados «dermos», no que xa existen clons, no que a mente dunha persoa se pode gardar nunha «estructura ROM» e funcionar como unha «intelixencia artificial». Se ben o fío da voz narradora ás veces resulta bastante enleante, polos saltos que dá dun ambiente a outro, coido que é un libro que paga a pena ler.