Xa se poden facer buscas no Internet Archive. Un introduce unha url e devólvenlle unha liña cronolóxica da páxina. Eu xa busquei a miña :-)
Arquivo da categoría: buscadores
Armas de destrucción masiva
1. http://www.google.com
2. «Weapons of mass destruction»
3. ‘I’m feeling lucky’.
Hai xente que usa o Google para todo. Se un vai ó Google e busca «weapons of mass destruction» e preme o botón de «I’m feeling lucky» («Voy a tener suerte» en castelán), verá unha mensaxe de erro 404 moi interesente.
Buscador para investigadores
Estes días, nos seminarios de doutorado, recomendáronme un buscador chamado scirus. Probeino un par de veces ata o de agora, pero promete moito. Trátase dun buscador especializado que indexa tan só contidos de universidades e centros de investigación. Inda non lle botei un ollo a fondo, pero as poucas probas que fixen foron bastante satisfactorias.
TouchGraph
Abro a sección de investigación para ir metendo aquí os artigos que se me ocorran sobre o meu tema de investigación. Comezarei poñendo un par de enlaces a algo que igual xa é coñecido: o Touch Graph.
O máis interesante do Touch Graph é o TGGoogleBrowser.
Trátase dun applet de java que nos permite ver en pantalla as páxinas web relacionadas co enderezo que lle damos. Os datos son os obtidos de face-las buscas co operador «related» en Google, e o que produce é unha distribución visual en pantalla, unha visualización dunha rede. O algoritmo de distribución espacial que emprega parece o spring embedder, pero non estou moi seguro. Polo menos a distribución é moi semellante a algún prototipo que fixen para o meu proxecto de tese.
Anímovos a que o probedes, sobre todo ós que tedes algunha páxina web. Sei que en blogstreet tamén o empregan para amosa-los blogs veciños.
É unha ferramenta interesante para os blogueiros ;-).
Vivisimo
Continuando coa lista de buscadores alternativos, aquí témo-lo segundo que atopei ata agora: vivisimo. Trátase máis ben dun motor de clustering, é dicir, é algo que obten os datos dun motor de búsqueda convencional, e sobre ese conxunto de datos, organiza e agrupa os resultados en xerarquías.
Na páxina web do producto di que o fai on-the-fly :cool:.
Intégrase na interficie de calquera motor de busca ou base de datos documental, transformando longas listas de resultados de buscas en información categorizada sen a carga que supón preprocesa-los documentos orixinais.
Facendo unha búsqueda coa palabra galego, as primeiras categorías que saen son Galicia, art e ciencia, pero dentro de Galicia tamén coloca Arte.
Se cadra a categorización non funciona moi ben con linguas que non sexan o inglés.