Blogcensus e o galego

No post anterior preguntábame cántas páxinas tería blogcensus indexadas como páxinas escritas en portugués cando en realidade son páxinas escritas en galego.
Na sección de descargas desa páxina un pode baixar un arquivo cos datos que manexan.

Despois de baixalo, estiven facendo algunhas comprobacións, e os meus temores víronse confirmados. Para a xente de blogcensus, esta páxina non está escrita en galego, está escrita en portugués.

Pero a cousa non queda aí, facendo un repaso das bitácoras que están apuntadas en blogaliza, descubro que aparecen indexadas en castelán as seguintes páxinas:

e en portugués:

Así que ese algoritmo deles non funciona ben, xa se comentara en blogaliza que o sistema de blogcensus non recoñecía o galego. O fastidioso é que nos engada a uns á conta de bitácoras en portugués e a outros á conta de bitácoras en castelán.

Blogcensus

Hoxe estiven mirando unha páxina chamada blogcensus. Para a xente que ten bitácoras non debe ser nada novo, de feito, xa en blogaliza iarrovawo comentaba os resultados do último censo de bitácoras feito nesta páxina.

É curioso ver cómo cando alguén decide emprender un proxecto coma o de levar un ceso de bitácoras, pasa absolutamente das marcaxes. Na páxina blogcensus din que teñen un algoritmo propio, sen explicar moi ben en qué se basean para decidir que unha páxina está nunha lingua ou noutra. O que si que deixan claro é que non empregan a información dos metadatos nin os atributos que poida xerar un sistema de xestión de contidos…

Pregúntome cántas das páxinas que eles contan en «portugués» están en «galego».

Outro máis en galego

Hoxe tiña un correo avisándome dun novo blog en galego. Grata sorpresa. Seica imos crecendo. Xa o puxen na miña lista de blogs galegos. Dá gusto comezar ben o día. O blog é de Pawley, e polo que puiden ver é relativamente novo.

O galego en rede

En Blogaliza, state of the art, goretoxo amosa a súa preocupación sobre cómo está a cousa de encher a rede de palabras na nosa lingua…
Fóra de algunhas páxinas institucionais que se redactan en galego, dalgún diario dixital e dalgunhas poucas páxinas máis persoais, o meu «universo» virtual en galego é moi reducido… e pensándoo ben, o «universo» real en galego tamén é ben reducido.

Mellor que pense noutras cousas, o tema pode ser moi deprimente.