Ben, para moitos non é ningunha nova, pero non o publicara aquí… son membro do equipo de papaventos Xaloc. O equipo está patrocinado pola marca Eolo e pola tenda de papaventos Ventilador. Grazas ao equipo estou aprendendo moito, e coñecendo aínda a máis xente coa que compartir esta afición. Unha vez ao mes a tenda organiza voadas na praia de Castelldefels e alí aprendémoslle a todo aquel que se deixa nunha escola de voo.
Arquivos do autor: nubeiro
Aprendendo o Comete
Esta fin de semana estiven no festival de Vitoria, organizado por Lau Haizetara (que en euskara significa «catro ventos»). Foi incrible, viñeron pilotos de L’Atelier e de R-Sky a aprendernos algúns trucos. Velaí o que gravamos cando nos aprendían o comete.
Vitoria, aprendendo o comete con Laura de R-Sky
Foi impresionante ver cómo Ramón o sacaba á primeira… a min custoume algo máis, pero despois de practicalo onte un pouco, creo que xa vai saíndo.
Nirvanas
Nirvana Collector
Como xa adiantei nalgunha entrada anterior, hai un par de meses comprei unha Nirvana Collector. Tódalas variñas son de carbono Icone, unha marca creada polo mesmo RTG e que, segundo el mesmo, é moi semellante ao Aerostuff. A diferencia está, entre outras cousas, no prezo. As Icone saen 10¤ máis baratas de prezo final. Despois de dous meses co papaventos, creo que xa lle metín horas abondo como para opinar sobre as súas características de voo. É simplemente outro mundo, o nome do papaventos non podía estar mellor escollido. Cústame aínda metela nos trucos sobre as cosas, os que parten de tartaruga… supoño que é culpa da Masque e de Atelier, que fai uns papaventos que caen moi fácil sobre as costas.
De serie a Collector viña coa brida estándar das Nirvanas normais, despois de ler que o Icone era equivalente ao Aerostuff e de preguntar nos foros de R-Sky, decidín cambiar a brida pola que monta o RTG na Nirvana Debray Replica… se xa levaba uns días contento coa Nirvana, o cambio de brida foi como unha apertura de ollos a unha nova luz… tiña a sensación de estar facendo trampas… os trucos saían fluídos, un tras do outro, a cascada de backspins, que tanto me estaba custando, comezou a saír cunha facilidade pasmosa.
Dende entón estou voando moito a Nirvana… de feito, xunto coa Over de Eolo, que a voamos con Xaloc, é o único que levo ao meu campo de voo.
Nirvana STD + Icone
Onte comprei unha Nirvana estándar e metinlle Icone no cross inferior. Quería probar qué tal ía coa brida turbo invertida de RTG, e comprobar ata qué punto se semellaba a unha Nirvana Collector. A Collector leva unha vela que ten máis bolsa na parte media do borde de ataque, e ten a cruz central máis abaixo cás Nirvanas anteriores, por iso non estaba de todo seguro sobre cómo voaría unha estándar con Icone e a brida de RTG.
Hoxe estiven probándoa… vaia gozada. Non reacciona igual cá Collector, nótoo sobre todo na cascada de backspins, no borde de ataque leva montado unhas variñas Skyshark, algo menos ríxidas cás Icone. Aínda así, é un cambio que creo que paga a pena, a brida do RTG é unha beizón, fai que a cometa voe máis lenta, máis precisa, e gaña en trucos… por certo, despois da sesión de hoxe, diría que o wap doo wap está dominado ;-)
Trucos de free
Durante o verán, aproveitando que hai máis horas de luz, estou adicando algo máis de tempo a mellorar a miña técnica de estilo libre. A Nirvana Collector que me chegou hai un par de meses pórtase de marabilla e tenme encantado. Aí van unhas listiñas que xa irei actualizando ;-).
Trucos de free que xa me saen case sempre:
- stop (ou snap stall),
- axel,
- medio axel,
- cascada de axels,
- lazy suzan,
- flapjack,
- fade,
- tortue,
- yo yo,
- flic flac,
- pancake,
- axel take off,
- backspin,
- cascada de backspin,
- rolling suzan.
Trucos que me comezan a saír:
- insane,
- comete,
- wap doo wap.
Trucos nos que teño que traballar:
- cascada de rolling.
Delta Ghost
Trick or Treat, o último de Benson Kites

Trick or Treat é o título do DVD da marca de papaventos Benson Kites. Arredor de 40 minutos de sesións de puro freestyle da escola inglesa, con Lars Fakkeldij, Andy Wardley, Tim Benson y Jason Winter. Producido por Soul Deep, o DVD inclúe explicacións de cómo facer algúns trucos de free:
- axel,
- flapjack,
- fades,
- snap lazy landing,
- flatspin 540,
- yoyo lazy,
- lazy susan,
- wap doo wap,
- yo yo,
- jacobs ladder,
- backspin,
- k2000,
- cascada de axels,
- comete,
- backspin cascade,
- yo fade.
O que máis me gustou do DVD foron os ángulos da cámara, hai algunhas tomas que son sinxelamente impresionantes. Hai algunhas partes nas que se pode ver ao mesmo Tim Benson montando a vela dunha Deep Space e unha Gemini no seu obradoiro, unha gozada para calquera afeccionado á construción de papaventos.
Sony Ericsson w800i
Con tarxeta de 512mb, mp3, radio fm, bluetooth, infravermellos, mans libres e auriculares incluídos… Agora teño que buscar cómo sincronizar o todo.txt co móbil :-D
todo.txt
Levo esta semana probando as ideas publicadas en todotxt.com. Estou traballando co script da consola. Por defecto amosa en cores 3 prioridades, eu xa lle cambiei a 5, é bastante sinxeliño e a verdade é que me está a axudar moito organizando a cantidade de pequenos proxectos, ideas e cousas que un sempre vai apuntando en todo tipo de soportes (post-its, na pda, en correos-e que un se envía a un mesmo para non esquecer algo).
timeclock
En emacs, M-x timeclock-in, nome de proxecto e contador lanzado :-D
Teño que revisar o código de timeclock.el para acabar de ver cómo utilizalo.
Google Notebook
Ao final a viñeta de nano e bilo chegará cumprirse algún día… Hoxe instalei o Google Notebook, unha extensión para Firefox para gardar notas no servizo de cadernos de notas de Google, Google Notebook.
