Gemini
Este papaventos merqueino de segunda man no apartado de ocasións da tenda bilboquet. Chegou de unha semana para a outra, e en perfecto estado. Xa avisara o propietario anterior de que tiña un pequeno buraco onde a traveseira superior toca cunha das espiñas, nada que non poida solucionar un pouco de dacrón adhesivo.
O papaventos vén coa última versión da brida deseñada polo mesmo Wardley e non cómpre tocarlle… polo menos polo de agora. En bensontwins hai información abondo sobre os retoques que lle hai que facer a un papaventos coma este para “afrancesalo”.
Ficha técnica:
- Envergadura: 220cm
- Estructura: carbono estándar 6mm
- Borde de ataque: 147′5 cm, orixinalmente montado en dúas partes, a superior de 65 cm e a inferior de 82′5 cm. Recomendan cambialo por unha peza enteira (maior resistencia e rixidez)
- Tensavelas: todos de 3 mm, 4 de 22′5 cm nas ás e un central de 12′4 cm
- Traveseira inferior:75 cm, cun conector no centro de SkyShark P200 de 25 cm.
- Traveseira superior: 62′5 cm
- Yo-yo stoppers/roll-bars: 51′5 cm
- Espiña: 2 x 71′8 cm
- Contrapeso: recomendan poñer 15 gr no lado da vela do tensavelas central. Eu téñoo montado cun peso de 10gr
- Brida: cruzada activa