X-Masque Rage

X-Masque Rage

Ficha técnica:

  • Envergadura: 220cm
  • Estructura: Avia G-Force UL
  • Borde de ataque: 2x 67′7cm unidos por un conector de carbono sólido de ~11cm
  • Tensavelas: 21′5 cm (incluído o conector do borde de fuga)
  • Traveseira inferior: 68′6cm
  • Traveseira superior: 50′2 cm (carbono estándar 6mm)
  • Yo-yo stoppers (dende o nariz): 53′5 cm
  • Espiña: 82′5 cm
  • Contrapeso: 18gr (2 x 9gr)
  • Brida: 3 puntos.
    • Superior: 52cm.
    • Interior: 61,5cm.
    • Exterior: 47,5cm.

O X-Masque Rage é un papaventos de free puro e duro. Foi o primeiro papaventos de gama alta que comprei novo, e con el aprendín a facer figuras como o backspin ou o ours de prairies. Ten toda a estructura en G-Force UL, cousa que fai que teña unha resposta moi rápida aos mandos. É o papaventos que máis teño voado.