Orange

O Orange é un papaventos deseñado para pouco vento. Polo de agora só tiven ocasión de probalo unha vez… para comprobar que as bridas non as colocara de todo ben
Xa comprobei as medidas das bridas, fun a semana pasada de volta a Vilanova para probala, pero ía demasiado vento… só tiven ocasión de facela despegar e dar algunhas voltas, saqueille algún truco pero non me atrevín a seguir voándoa cando vin que os clips dos tensavelas comezaban a afrouxarse. En todo caso, creo que xa a teño ben embridada.
Os planos do papaventos pódense atopar na páxina de planos de Simo Sivonen.