Nazko de Skyforce

Nazko, papaventos de 2\'50m

Ficha técnica:

  • Envergadura: 250cm
  • Estructura: SkyShark P300
  • Borde de ataque: 155 cm
  • Tensavelas: 24′8 cm
  • Traveseira inferior:79 cm
  • Traveseira superior: 59′7 cm (orixinal)
  • Yo-yo stoppers (dende o nariz): 57 cm
  • Espiña: 86′5 cm
  • Contrapeso: ~20gr
  • Brida: turbo

Este papaventos é un deseño prototipo de Skyforce. O meu está montado con variñas SkyShark P300 para o borde de ataque e a cruz inferior. Na espiña e na cruz superior empreguei carbono estándar Structil.

Os planos orixinais non son de todo correctos, xa que din que a cruz superior ten que ter case 60cm. Ó poñela de 60cm un nota que o borde de ataque fai unha curva un tanto estraña… eu ó final reducín a cruz superior do meu ata os 56cm.