Aprendendo o Comete
Martes, Outubro 10th, 2006Esta fin de semana estiven no festival de Vitoria, organizado por Lau Haizetara (que en euskara significa “catro ventos”). Foi incrible, viñeron pilotos de L’Atelier e de R-Sky a aprendernos algúns trucos. Velaí o que gravamos cando nos aprendían o comete.
Vitoria, aprendendo o comete con Laura de R-Sky
Foi impresionante ver cómo Ramón o sacaba á primeira… a min custoume algo máis, pero despois de practicalo onte un pouco, creo que xa vai saíndo.