Archive for Agosto, 2006

Nirvanas

Venres, Agosto 11th, 2006

Nirvana Collector

Como xa adiantei nalgunha entrada anterior, hai un par de meses comprei unha Nirvana Collector. Tódalas variñas son de carbono Icone, unha marca creada polo mesmo RTG e que, segundo el mesmo, é moi semellante ao Aerostuff. A diferencia está, entre outras cousas, no prezo. As Icone saen 10¤ máis baratas de prezo final. Despois de dous meses co papaventos, creo que xa lle metín horas abondo como para opinar sobre as súas características de voo. É simplemente outro mundo, o nome do papaventos non podía estar mellor escollido. Cústame aínda metela nos trucos sobre as cosas, os que parten de tartaruga… supoño que é culpa da Masque e de Atelier, que fai uns papaventos que caen moi fácil sobre as costas.

De serie a Collector viña coa brida estándar das Nirvanas normais, despois de ler que o Icone era equivalente ao Aerostuff e de preguntar nos foros de R-Sky, decidín cambiar a brida pola que monta o RTG na Nirvana Debray Replica… se xa levaba uns días contento coa Nirvana, o cambio de brida foi como unha apertura de ollos a unha nova luz… tiña a sensación de estar facendo trampas… os trucos saían fluídos, un tras do outro, a cascada de backspins, que tanto me estaba custando, comezou a saír cunha facilidade pasmosa.

Dende entón estou voando moito a Nirvana… de feito, xunto coa Over de Eolo, que a voamos con Xaloc, é o único que levo ao meu campo de voo.

Nirvana STD + Icone

Onte comprei unha Nirvana estándar e metinlle Icone no cross inferior. Quería probar qué tal ía coa brida turbo invertida de RTG, e comprobar ata qué punto se semellaba a unha Nirvana Collector. A Collector leva unha vela que ten máis bolsa na parte media do borde de ataque, e ten a cruz central máis abaixo cás Nirvanas anteriores, por iso non estaba de todo seguro sobre cómo voaría unha estándar con Icone e a brida de RTG.

Nirvana STD Icone

Hoxe estiven probándoa… vaia gozada. Non reacciona igual cá Collector, nótoo sobre todo na cascada de backspins, no borde de ataque leva montado unhas variñas Skyshark, algo menos ríxidas cás Icone. Aínda así, é un cambio que creo que paga a pena, a brida do RTG é unha beizón, fai que a cometa voe máis lenta, máis precisa, e gaña en trucos… por certo, despois da sesión de hoxe, diría que o wap doo wap está dominado ;-)

Trucos de free

Luns, Agosto 7th, 2006