Este é un dos poucos papaventos estáticos que teño, as colas non paran de se mover cando está no aire. Súboo con liña de dacrón de 100kg, a verdade é que tira abondo. Ideal para marcar posicións na praia. A foto está tirada nun campo de fútbol que xa ninguén usa en Vilafranca.