Primeiro día no novo traballo
Luns, Xaneiro 31st, 2005Hoxe comecei a traballar en STAR. Entre as novas tarefas que farei no meu novo traballo está o mantemento e desenvolvemento dalgúns programiñas co Ruby. Por se non tiña abondo co Perl, PHP e Python… arf.
Gustoume moito a oficina, é desas nas que non hai moitas divisións, e o lugar no que estou sentado estes días dá para a rúa. Agradécese poder mirar fóra de tanto en tanto.