bookcrossing, funcionou.
Martes, Marzo 30th, 2004O luns pola tarde deixei o libro na entrada da biblioteca. Alí hai un moble negro no que deixan algunhas publicacións internas da facultade e ata algo de publicidade. Deixeino o luns despois de comer, e cando marchei ás sete, aínda o vin alí ó saír.
Hoxe cando cheguei non estaba. Pasei a mañá preguntándome se, como nalgunhas liberacións de libros frustradas, o libro acabara na conserxería en obxectos perdidos.
E non, o libro non acabou en obxectos perdidos. Nestes momentos, A máquina do tempo teno outra persoa que tivo a xentileza de ir á páxina de bookcrossing e introduci-lo número identificativo do libro. Quen queira que sexa, gracias
.