Archive for Novembro, 2003

Un servidor linux para a investigación en lingüística con Fedora (01 parte)

Venres, Novembro 28th, 2003

Acaban de dicirme no traballo que pronto terémo-la nova máquina para monta-lo servidor de desenvolvemento, así que pensei que estaría ben deixar aquí os meus apuntamentos sobre o proceso de instalación e configuración do sistema e de paso comparti-la experiencia ;-) .

Un pouco de repaso

Como parte dos meus traballos de bolseiro do IULA tócame axudar a desenvolver programas que serven para explota-los textos marcados do corpus técnico. Este traballo non o fago eu só, o desenvolvemento principal lévano outras persoas. Como temos que compartir código e datos, hai un tempo instalamos, nun HP Netserver 3, a RedHat 7.3. E agora vemos que o servidor nos quedou curto. Así que aproveitando as incorporacións dos equipos novos e facendo reciclaxe dos equipos vellos, o administrador do IULA fornécenos (hoxe) cun equipo algo máis potente có vello HP que empregabamos (un pIII a 800Mghz e 20Gb de disco duro).

O que necesitamos

En principio, a configuración será a típica dun sistema LAMP (Linux co Apache, MySQL, Php) con algúns engadidos (que tampouco son moi exóticos):

  • o NLTK, o “Natural Language Toolkit”, desenvolto en Python e que realmente, promete moito.
  • o Perl (que seguro que xa se instalaba por defecto), xunto coa última versión das librerías para XML.
  • o CVS para mante-lo código.
  • o Samba, para acceder dende os Windows ó noso espacio compartido.
  • non sei se insta-la lo webmin para a administración remota, terei que pensalo ben.
  • o phpMyAdmin como interface gráfica de acceso ás bases de datos de MySQL.
  • algunhas utilidades de consola que na RedHat 7.3 creo que non se instalaban por defecto: wget, slocate e lynx.

Creo que é todo (que non é pouco). Na medida do posible, tentarei comenta-lo proceso de instalación e configuración de cada un dos paquetes.

A distribución

Decidimos empregar Fedora Core 1 porque o servidor que tiñamos antes ía con RedHat, pareceunos o cambio menos traumático en canto a administración e configuración.

Primeiros pasos

De momento estou baixando as imaxes dos CDs de instalación. En ftp://ftp.fi.udc.es/pub/linux/fedora/ hai un mirror de Fedora.

En canto teña os CDs gravados irei comentándovos o proceso de instalación.

Bloglines… para estar á última dos nosos weblogs favoritos.

Xoves, Novembro 27th, 2003

Deseño dun CMS propio.

Xoves, Novembro 27th, 2003

dispus, ou como saber qué se come o disco duro.

Luns, Novembro 24th, 2003

E tamén en código cero.

Domingo, Novembro 23rd, 2003

Artigo en vieiros

Mércores, Novembro 19th, 2003

Vaia gripazo

Mércores, Novembro 19th, 2003