Prestige: esiximos responsabilidades
Domingo, Xaneiro 13th, 2002En ciberpunk.org teñen unha iniciativa curiosa, tentar un bombardeo ó Google. A idea é aproveita-lo funcionamento sistema de ránking do Google. Se todos enlazamos á mesma páxina, esa páxina subirá.
Ó principio era bastante escéptico, sería xenial que un lle puxera ó Google: “prestige” para facer unha consulta global e que saíse de primeira páxina a páxina que pide responsabilidades. Ben, creo que iso nunca funcionará. Non o fará gracias, entre outras cousas, a que “prestige” é unha palabra moi común en inglés, e sobre todo, a que hai que supera-la popularidade en Internet de cousas como modelo de coche “prestige” da marca Ford. O que si que funciona é a consulta no Google “prestige responsabilidades”. Así que eu tamén me sumo ó bombardeo de Google. Para os que se queiran sumar á iniciativa, unha pista: un dos factores que tamén inflúe na posición dunha páxina nos buscadores é o número de veces que se repite a palabra que se está buscando.
Así que insistirei: Prestige: esiximos responsabilidades.
Saúde e forza.