Fotos da voada en Comarruga
Domingo, Febreiro 6th, 2005O sábado fun á praia a facer voar os meus papaventos. O día comezou cun vento máis ou menos forte (arredor das 10 da mañá), así que estiven probando a Phoenix de HQ co peso que trae. Como o vento non era tan forte, quiteille o peso e estiven probando a facer algún truco dende a posición de tartaruga. Despois de tentalo varias veces, conseguín facer un Lazy Susan.

Despois de comer a forza do vento foi diminuíndo e tiven ocasión de probar a Sweety.

O truco consiste en darlle a volta ó papaventos e voalo ó reves. Cando un papaventos de acrobacias está en fade, compórtase case como un papaventos estático, só pode subir e baixar, non se pode levar de lado a lado sen sacalo do fade.

Grazas a Mitu, que me fixo as fotos coa Sweety. O que sae na última foto é Palpid, que aínda estaba por alí cun papaventos de tracción de 7m, dando voltas co seu buggy. Lástima que quedase sen pilas na cámara
. A Sweety aguanta o fade cunha facilidade pasmosa, queda completamente estática, incluso mellor cá Breeze.