Perlmonks
Martes, Xaneiro 18th, 2005Estes días estou preparando o material para o meu proxecto e xa programei algunhas pequenas ferramentas co Perl para facer as consultas ao corpus e para formatar a saída desas consultas. Nas moitas pesquisas que fixen pola rede buscando información, atopei o portal perlmonks.org, un lugar cheo de información sobre o Perl no que a xente comparte os seus pedaziños de código.