Archive for the 'robosapien' Category

robosapien

Xoves, Novembro 4th, 2004

Hai tempo que tiña pensado publicar algo sobre o robosapien, dende que o vira á venda na tenda de thinkgeek rondábame pola cabeza a idea de aforrar e comprar un. Trátase dun robot deseñado por Mark Tilden, un nome que seguro lle soa aos fans da robótica. O robot funciona cun mando a distancia de infravermellos, incorpora sensores de contacto nos pés e “mans”, un sensor de son e pódese programar dende o mando.

Ademais, hai unha páxina non oficial robosapien.tk na que se recollen todas as modificacións e hacks que a xente lle fai aos seus robosapiens.

Un dos inconvenientes que ten o robot é que despois de programalo, ao apagalo, bórranse os programas. Por sorte, xa se lle ocorreu a alguén facer un programa para controlar o robot dende unha axenda electrónica con porto de infravermellos. O programa Sap Bench funciona na Palm Zire, e permítelle a un descargar os programas dende a axenda ao robot.

Onte levei unha sorpresa ao chegar a casa… tiña un robosapien esperando por min na entrada!. Cando teña algo de tempo prometo poñer fotos do robot. Por certo, aínda non lle puxen nome. ¿Suxerencias/suxestións?