Velaí a miña lista de propósitos (a orde non implica prioridade):
- Aprender Symfony2, HTML5, CSS3, backbone.js
- Tentar pasar a certificación de Zend PHP (polo menos estudala, que hai varias guías de estudo por aí)
- Chegar aos 4 minutos en apnea estática no sofá (a temporada pasada cheguei aos 3 minutos 32 segundos)
- Baixar ata -15m en apnea (a temporada pasada foron -12m)
- Superar os 50m en apnea dinámica (a temporada pasada só cheguei un par de veces até os 50m, e con moito esforzo)
- Baixar a 75kg de peso (actualmente estou en 85kg)
- Non volver fumar (actualmente non fumo, pero é un vicio que vai e vén)
Xa veremos a final de ano en qué quedou todo :-D