Este ano non poderei volver por Galiza … así que decidín aproveitar o tempo de vacacións para darlle unha volta á páxina.
Nestes anos de silencio pasaron algunhas cousas moi interesantes na miña vida:
- cambiei de traballo, levo uns tres case catro anos programando a tempo completo;
- cambiei de afición, no último ano deixei de banda os papaventos, agora aproveito o tempo libre para entrenar a apnea e saír a practicar a pesca submarina;
- naceu a miña filla :-D
Despois dunhas horas batallando co WP conseguín actualizalo sen perder demasiado contido, os comentarios xa había tempo que os perdera grazas a un «bonito» incidente cos spambots. De momento deixarei a opción de publicar comentarios e a ver cómo responden os spammers :P.
Saúde, e bo nadal ;-)
Ping! e velaí un comentario, imos probar os gravatares!
…algúns alegrámonos de saber que todo vai indo ben …apertas! :)