Maldito sobig

Entre o sobig e o blaster esta fin de semana fixeron unha boa na miña caixa do correo. ¿Como eliminar 3322 mensaxes que veñen de dous virus? De novo a consola pode axudarnos. Se témo-las mensaxes de correo electrónico nun directorio, podemos tentar elimina-las mensaxes filtrando polo asunto.
Estes virus envían as mensaxes con catro ou cinco asuntos diferentes. Unha vez localizados os textos dos asuntos, podemos emprega-los seguintes comandos:

grep -il ‘re: approved’ | xargs rm

Para cada asunto cambiámo-lo patrón que buscaremos co comando grep.
Os asuntos máis típicos do sobig e do blaster son:

Re: That movie
Re: Approved
Thank you!
Your details
Re: Re: My details
Re: Your application
Re: Details
Re: Thank you!
Re: Wicked screensaver

Encántame a consola do linux.

Ollo coas patentes de software

Para o día 27 de agosto están previstas unhas mobilizacións para tentar que o parlamento europeo aprobe unha directiva da Unión Europeo sobre a «patentabilidade do software». Se se aproba, esta directiva permitirá que se poñan patentes sobre os programas, mesmo podería permitir que alguén patentase os programas creados por outras persoas, incluso cando as outras persoas non queren patentar eses programas.